O Galego, o noso idioma
30 05 09 - 18:18 » Tega
Ante a difícil situación que se está xerando en Galicia co tema do idioma, Terra Galega quere expoñer o seguinte:
Aínda non estando dacordo co dogmatismo e sectarismo con que foron tomadas algunhas decisións por parte do anterior Goberno Bipartito (PSOE e BNG) e sendo moi críticos co modo e forma elixido para a defensa do Galego e coa pouca ou escasa aprobación social que produciu a aplicación de certas decisións políticas, temos que recoñecer que Feijoo e a súa nova Xunta fixéronos bos.
Queremos deixar claro que rexeitamos totalmente a actitude do partido popular e a de UPyD e a sua plataforma bilingüista cuxo obxectivo foi e é crear un problema entre os cidadáns deste país para os seus intereses electoralistas.
Este suposto problema nunca se dou en Galicia, non se pode dicir que aquí se marxinara a ninguén por falar castelán, ao contrario a historia dinos que a marxinación foi sufrida, en todo caso, polos galegofalantes.
Pra os que alegan a falacia de que o castelán estábase a perder, só cabe unha comprobación que calquera cidadán pode facer, dirixámonos a calquera kiosco ou librería e contemos as publicacións de xornais ou libros escritas en galego e logo fagamos o mesmo coas de castelán, a diferenza é abafadora a favor do castelán. Isto desmonta dun xeito simple e claro esta gran falacia.
O número de publicacións é un dos indicadores de saúde do noso idioma e revélanos a sua implantación social, é evidente que o galego non goza de boa saúde.
Non contentos con crear este ficticio enfrontamento, agora queren poñer en práctica a segregación dos alumnos en base ao idioma, que escollan os pais e así contentan ao seu electorado, e nós preguntamonos:
-
¿Isto non é crear guetos?
-
¿Seica cremos que os nosos nenos son máis parvos ou non teñen a mesma capacidade que calquera neno doutros países onde aprenden e se desenvolven en tres ou catro idiomas diferentes?
-
Se o argumento é que teñen moitas asignaturas ¿Non sería mellor quitar a de relixión, á fin e ao cabo pódena recibir nas súas casas ou na súa comunidade relixiosa?
Tralo exposto, é a nosa intención posicionarnos á beira da Mesa pola Normalización Lingüistica, porque ante este ataque aos nosos dereitos como galegos, CUMPRE FACER CAUSA COMÚN. De igual xeito, esiximos que o PP, UPyD e os seus correlixionarios deixen de agredir o que a constitución recoñécenos.
MEDIDAS EN DEFENSA DO GALEGO:
-
Esiximos apoios ás publicacións en galego para que en verdade se prodúza unha integración do galego nas nosas vidas.
-
O mesmo en comunicacións audiovisuales.
-
Apoio á tradución de software ao galego.
-
Administración en galego.
-
O mesmo para os Conselleiros, presidentes, alcaldes, etc.
-
Control das subvencions, sobor de todo a certos periódicos que editan sempre en castelán e usan un tradutor automático (sen comprobación de erros) para a sua edición en galego.
Polo que:
-
Democráticamente pedimos e esiximos que ninguén sexa marginado polo idioma en que fala.
-
Sostemos que os idiomas son para entendernos, que nunca deben ser armas arroxadizas contra outros, nin causa -artificial- de problemas.
-
Pedimos e esiximos o mesmo respecto e a mesma igualdade para todos os idiomas do mundo, sexan minoritarios ou non.
Asinado pola Executiva Nacional de Terra Galega
Puntua ó artigo

















Trackback link: http://www.maisg.eu/pivot/tb.php?tb_id=66