Seccions

Calendario

« Setembro 2010
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Acerca de ...

Un fato de galegas e galegos, de conviccións firmes, acometeron a tarefa de constituír e de organizar un partido político que faga posible que Galicia poida tomar compromiso político por sí mesma desde dentro, sen caer en mimetismos e imposicións alleas á súa realidade propia. »

© Terra Galega

Estatutos

II Congreso de Tega

Históricos

01 Set - 30 Set 2010
01 Ago - 31 Ago 2010
01 Xull - 31 Xull 2010
01 Xun - 30 Xun 2010
01 Mai - 31 Mai 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Ago - 31 Ago 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Mai - 31 Mai 2009
01 Abr - 30 Abr 2009
01 Mar - 31 Mar 2009
01 Feb - 28 Feb 2009

Enlaces

Terra Galega
Tega na Galipedia
Tega na Wikipedia
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Hino Galego

Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar! e +Vs

Últimos Comentarios

Un calquera (Tanta gloria leve…): TG paréceme un bo proxect…
Galeguista (Tanta gloria leve…): Avante Terra Galega!! O p…
susana (Tanta gloria leve…): Tedes toda a razon, son d…
MiguelR (Tanta gloria leve…): Xa o dixe en outra ocasió…
Carlos (Carta aberta a Al…): Montserrat: que se saiba,…
Antonio (Sobre o PP e Juan…): Boas amigos. Espero e des…
Aparom (Sobre o PP e Juan…): por fin o panorama políti…
luisa (Sobre o PP e Juan…): podedes estar ben content…
fernando (Sobre o PP e Juan…): onte o estivemos comentan…
Mila G.R. (Sobre o PP e Juan…): el cabezón ese no era el …

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed  Apture

Deseño & Edición: SF


Terra Galega

« Sobor da convocatoria… | Inicio | Sobre o PP e Juan Gat… »

Pois si: o centro se arrexunta...

18 07 10 - 13:00 » Faro de Vigo
Hai oco electoral e necesidade política

A pesar de que nos últimos meses dábase por suposto que os pequenos partidos, boa parte dos cales se autonomean "de centro" estaban en fase de liquidación, a situación cambiou, e anúnciase a súa presentación ás municipais. En concreto Terra Galega, por cuxa titularidade litigaron Xoan Gato e Pablo Padín.
É un segredo a voces que ambolos dous políticos -Gato, que foi alcalde de Narón, e Padín, ex/conselleiro no Tripartito- achegaron posturas tras as sentenzas dos tribunais sobre as siglas. E a partir desa nova situación, TG ten decidido acudir aos comicios de maio nuns 200 municipios de toda Galicia.
A partir de aí é probable que outras formacións, como o PG que dirixiu Manuel Soto, o CDS que no seu día fundase Adolfo Suárez e outros de centroesquerda -escindidos do PSOE ourensán- puidesen sumarse ao proxecto. De feito, con algúns deles é un segredo a voces que existe diálogo aberto.

Money, Money

As principais dificultades para a afluencia deses grupos -ou outras listas independentes, algunhas xa no PP por invitación de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra- son de tipo económico. En concreto, a falta de créditos e a obrigación de devolver os antigos.
Terra Galega, como dixo antes das autonómicas Pablo Padín, ten unha situación relativamente saneada -"con liquidez en tesouraría"-, e podería asumir a súa expansión, pero "sen ningún tipo de aventura". Por iso é polo que a fórmula sería a dunha agrupación electoral, sen que TG asumise compromisos financeiros anteriores.
Outro dos problemas é o do illamento mediático deses grupos, e nese sentido é probable que contacten con Núñez Feijóo e Pachi Vázquez para que PP e PSOE propicien, ou polo menos non se opoñan de fronte, a unha maior presenza nos medios públicos galegos.

O sitio

Entre algúns analistas existe a convicción de que "hai oco electoral e necesidade política", sobre todo de face aos pactos postelectorais alí onde non existan maiorías absolutas. A elección de Xoan Gato para a Cámara de Comercio de Ferrol -mesmo se citou o seu nome para o Consello Galego, que presidirá o vigués García Costas- vese como alentador para o centrismo.
Terra Galega ten na actualidade varios alcaldes e máis de medio cento de concelleiros, e como gusta dicir aos seus dirixentes "é a cuarta forza política de Galicia", a sucesora da Coalición Galega de Gómez Franquiera ou de Xosé Luís Barreiro, que é o home ao que tentou -en balde outra vez- recuperar para a política activa.
Aínda que non chegaron á fase de listas electorais, manéxanse xa varios nomes posibles nas grandes cidades. Iso si, partindo da idea de Padín de potenciar "unha renovación nas caras e nos nomes, dando paso a mozos e mulleres en postos que serán, despois das eleccións, decisivos".

Etiquetas usadas: , , , ,
Puntua ó artigo
12345678910
9.4 despois de 8 votos

Un comentario

Boas paisanos: efectivamente coido que hai oco e espero que ese oco poida ser ocupado por partidos desta orientación. Dende logo Terra Galega, como cuarta forza política do país, debe aspirar a poder liderar algún día o nacionalismo galego dun xeito razoable e pausado. Debemos esquecer a política do non e do xa do BNG (comunistas raidos), a do PP, que só lle interesa o que pasa en Madrid, e o que pasa fora de Madrid que xire en torno a Madrid e a do PSOE, partido que nas últimas décadas deu unhos bandazos ideolóxicos que van dende un republicanismo confeso a unha sumisión monárquica propia do antigo réxime. Por todo isto, pero por moito máis (lingua, economía, historia, industria, cultura, etc) Galiza debe ser dona de sí mesma e loitar por conseguir que os seus intereses sexan tidos en conta.
Antonio (Email) - 30 07 10 - 00:32


Trackback link: http://www.maisg.eu/pivot/tb.php?tb_id=128

  
¿Lembrar información persoal?

Emoticonos / Textile

A moderación de comentarios está habilitada neste blog. Esto significa que o seu comentario non será visible neste blog ata que sexa aprobado polo editor.

Para evitar o spam automático nos comentarios precisamos que vostede responda a esta pregunta
 

  (Rexistrar o seu nome de usuario / Validarse)

Notificar:
Ocultar email:

Letra pequena: Nicks ou verbas malsoantes serán eliminados do seu comentario. Pode introducir enlaces simplemente escribindo a url ou direccions de e-mail.

 

Breves

Presenza en Galicia
TEGA - AGRUPACIONS

Agrupacions de Tega por Concellos


Apoio a Garzón
CONCENTRACIÓN

Concentración apoio a Garzón


Plataforma DSP
MANIFESTACIÓN

Manifestación - NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA


Astano
Levantamento do veto XA!

Cartel Manifestación Rumbo 21


Rosa Díez (en negativo)
ENQUISA
Rosa Díez (Negativa)

Valora (1-10) a actitude política e a educación desta Persoa Pública.
(Tenta non ter en conta o sentido ‹peyorativo› de "Persoa Pública").

Move o punteiro pola barra ata que a
cor azul acade a tua valoración.
Logo preme o botón esquerdo do rato.

12345678910
media: 1.2 votos: 232

Todos contra o canón
Presunción de Culpabilidade
 

Todos contra o canón

 

Galicia e o goberno do PP
ENQUISA DOS CEN DIAS

Inicio: 17/04/2009
Duración: 100 días

Puntua (1-10) como esta sendo a Evolución/Retroceso de Galicia co goberno do PP na Xunta.

Move o punteiro pola barra ata que a
cor azul acade a tua valoración.
Logo preme o botón esquerdo do rato.

12345678910
media: 2 votos: 362

Por un dominio galego
Internet

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio

Terra Galega, súmase e da o seu apoio á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) na rede Internet.