Venres 20 Agosto 2010 as 9:00 pm
Os medos da dereita mais resesa
Ante o que están a publicar os periódicos estes días sobre a marcha dalgún concelleiro de Terra Galega:
É unha clara manobra do PP, que segue a practicar as escuras artes do suborno e a merca de vontades, para acadar uns fins que non son quen de lograr doutro xeito.
Neste intre, é coñecida en todos os círculos políticos a preocupación do PP, por non conseguir os votos suficientes para facerse coa Deputación da Coruña.
+mais
Xoves 05 Agosto 2010 as 10:46 am
Terra Galega prepara candidaturas nos sete concellos bergantiñáns
La Voz de Galicia | 05/08/2010
Nas comarcas de Soneira e Fisterra non prevé presentarse en todos os municipios
Terra Galega quenta motores na Costa da Morte de face ás eleccións municipais de maio do 2011. Polo momento ten confirmadas as candidaturas de Carballo, Coristanco, Laxe e Malpica, pero «hai contactos en Ponteceso e en Cabana» e espérase contar co equipo dos últimos comicios na Laracha.
O portavoz de Tega en Carballo, Manuel Andrade, que exerce tamén como coordinador comarcal, explicou que o obxectivo é presentarse nos sete concellos de Bergantiños.
+mais
Venres 30 Xullo 2010 as 4:45 pm
Para cando deixan o bico en público ?
En relación coas noticias que nos últimos días veñen publicando algúns medios de comunicación sobre o interese do PP en contar con militantes de Terra Galega para as súas listas electorais ás próximas eleccións municipais, e, co comunicado emitido hoxe por don Juán Gato Díaz anunciando a súa desvinculación persoal de Terra Galega, a Comisión Permanente desta formación quere puntualizar o seguinte:
+mais
Domingo 18 Xullo 2010 as 1:00 pm
Hai oco electoral e necesidade política
A pesar de que nos últimos meses dábase por suposto que os pequenos partidos, boa parte dos cales se autonomean "de centro" estaban en fase de liquidación, a situación cambiou, e anúnciase a súa presentación ás municipais. En concreto Terra Galega, por cuxa titularidade litigaron Xoan Gato e Pablo Padín.
É un segredo a voces que ambolos dous políticos -Gato, que foi alcalde de Narón, e Padín, ex/conselleiro no Tripartito- achegaron posturas tras as sentenzas dos tribunais sobre as siglas. E a partir desa nova situación, TG ten decidido acudir aos comicios de maio nuns 200 municipios de toda Galicia.
A partir de aí é probable que outras formacións, como o PG que dirixiu Manuel Soto, o CDS que no seu día fundase Adolfo Suárez e outros de centroesquerda -escindidos do PSOE ourensán- puidesen sumarse ao proxecto. De feito, con algúns deles é un segredo a voces que existe diálogo aberto.
+mais
Venres 18 Xuño 2010 as 7:17 pm
Comunicado Oficial de Terra Galega
Ante a convocatoria de Folga Xeral feita polos sindicatos UGT e CCOO, Terra Galega manifesta:
- Que diante da situación económico financieira que estamos a padecer no estado Español, as medidas de corrección deberían xirar ao redor de fomentar o consumo interno e favorecer as exportacións polo que o último que necesitamos e paralizar o país.
- Ainda que tal convocatoria non fora tan perxudicial, unha folga é ou cremos que debera ser, un xeito de presión previo a unha decisión e non unha resposta ante un feito consumado.
- Polo que Terra Galega se opón rotúndamente á tal convocatoria e fai un chamamento a cidadanía a non secundala.
+mais
Mércores 16 Xuño 2010 as 7:01 pm
NARÓN: Terra Galega apoia e respalda a decisión da Alcaldía
Terra Galega, manifesta o seu máis firme respaldo á decisión da Alcaldía de Narón, de cesar a tres concelleiros do Partido Popular no goberno municipal.
Terra Galega, entende a política como un exercicio de traballo serio e
fructífero para os cidadans, no que os intereses personais deben
subordinarse ao interés xeral.
Terra Galega non admite a deslealtade nun goberno, no que a unidade e o
respecto institucional teñen que ser norma de conducta fundamental para acadar melloras na xestión municipal.
+mais
Martes 15 Xuño 2010 as 6:11 pm
NARÓN: Intervención do alcalde na rolda de prensa de hoxe
Martes, 15 de xuño
ROLDA DE PRENSA DO ALCALDE DE NARÓN, XOSÉ MANUEL BLANCO, PARA DAR CONTA DO CESAMENTO DE TRES EDÍS DO PARTIDO POPULAR
+mais
Domingo 13 Xuño 2010 as 12:21 pm
NARÓN: Unha enquisa concede a terra galega os mesmos edís que en 2007
O candidato á alcaldía por Terra Galega, Xosé Manuel Blanco, confía en obter unha representación "similar" á actual -dez edís- nos vindeiros comicios locais. Unha enquisa que manexa o partido presenta resultados esperanzadores para a formación, dándolle novamente a Alcaldía do municipio ao grupo de TEGA.
+mais
Luns 07 Xuño 2010 as 5:10 pm
Cohn-Bendit no parlamento europeo
Intervención de Daniel Cohn-Bendit ante o parlamento europeo, cuxa primeira parte é perfectamente aplicable ao noso estado.
+mais
Domingo 23 Maio 2010 as 07:32 am
Son as 7:10 da mañá deste domingo 23 de maio, acabo de levantarme, e, como a maioría dos días, olleo os xornais dixitais mentres bebo un zume.
A miña sorpresa é maiúscula cando vexo a portada do Diario de Ferrol dixital, e leo o titular: "El político con mejor sueldo de la comarca es el edil de Tega en Cedeira" "...mas que el alcalde de Ferrol".
+mais
Sábado 01 Maio 2010 as 12:43 pm
NARÓN: “Unha representación como a actual sería aceptable”
O aforo do auditorio municipal -asistiron 500 persoas- quedou onte pequeno para acoller a todos aqueles veciños que quixeron acompañar a Xosé Manuel Blanco, rexedor local de Narón, no día en que Terra Galega o presentaba oficialmente como candidato á Alcaldía nas eleccións municipais de 2011. O Secretario Xeral da formación, Xermán Tobío; o presidente do partido, Pablo Padín; e os alcaldes de Neda e Valdoviño, Ignacio Cabezón e Isabel Álvarez, respectivamente, xunto con edís da formación na comarca, quixeron arroupar ao seu compañeiro nun acto repleto de afiliados, simpatizates de TEGA e veciños do municipio, resaltando a súa valía e confianza para lograr a Alcaldía no ano 2011.
+mais
Venres 30 Abril 2010 as 4:58 pm
Entrevista ao Alcalde de Narón e candidato de Terra Galega ás vindeiras eleccións municipais
José Manuel Blanco: «Non teño nada que ver con Gato nin co seu carisma»
Conta con «sacar aos veciños do abstencionismo» coa previsión de «manter a alcaldía» nas víndeiras eleccións municipais
Transcorrido xa o seu primeiro ano como rexedor de Narón, dende que Xoán Gato deixara nas súas mans a alcaldía para concorrer como candidato de Terra Galega ás eleccións autonómicas do 2009, José Manuel Blanco (57 anos) preséntase hoxe publicamente como candidato ás vindeiras municipais (Pazo da Cultura, 20:30 horas), despois de ser elixido polo partido como a persoa que encabezará as listas en Narón.
+mais
Xoves 22 Abril 2010 as 08:03 am
NARON: A presentación de Xosé Manuel Blanco como candidato de TEGA á Alcaldía será o día 30 no auditorio
O auditorio municipal da Praza de Galicia foi o lugar elixido por Terra Galega para presentar publicamente o vindeiro día 30, ás 20:30 horas, a Xosé Manuel Blanco como candidato á Alcaldía de Narón.
O equipo de TEGA inicia a conta atrás de cara aos comicios municipais que se celebrarán o vindeiro ano.
+mais
Breves
25 de Xullo
DIA DA PATRIA GALEGA
Presenza en Galicia
TEGA - AGRUPACIONS

Apoio a Garzón
CONCENTRACIÓN

Plataforma DSP
MANIFESTACIÓN

Astano
Levantamento do veto XA!

Rosa Díez (en negativo)
ENQUISA
Valora (1-10) a actitude política e a educación desta Persoa Pública.
(Tenta non ter en conta o sentido ‹peyorativo› de "Persoa Pública").
|
Move o punteiro pola barra ata que a
cor azul acade a tua valoración.
Logo preme o botón esquerdo do rato.
|
Todos contra o canón
Presunción de Culpabilidade
Galicia e o goberno do PP
ENQUISA DOS CEN DIAS
Inicio: 17/04/2009
Duración: 100 días
Puntua (1-10) como esta sendo a Evolución/Retroceso de Galicia co goberno do PP na Xunta.
|
Move o punteiro pola barra ata que a
cor azul acade a tua valoración.
Logo preme o botón esquerdo do rato.
|
Por un dominio galego
Internet
Terra Galega, súmase e da o seu apoio á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) na rede Internet.
Eu sempre en Galego
TODOLOS DIAS
QUEREMOS GALEGO
PAREMOS O DECRETAZO
Novas tarifas eléctricas
INFORMES TEGA
FEIJOO I - O Trilingüe
SEN COMENTARIOS
Eólicos Mariños (Hino)
HUMOR NEGRO
Innovación no agro
HUMOR GRAFICO
ENQUISA
Dará bos resultados a Remodelación do Goberno feita por Zapatero ?
Enquisa by BZoucos