Venres 27 Novembro 2009 as 2:03 pm
A axencia lingüística da UE reprende a política da Xunta sobre o galego
La Voz de Galicia | 27/11/2009
Considera que as «medidas adoptadas contra a lingua galega dende abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español».
A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión que este organismo celebrou onte en Barcelona.
+mais
Domingo 08 Novembro 2009 as 11:28 am
CARBALLO: Terra Galega esixe información detallada do estado do orzamento municipal carballés
La Voz de Galicia | 08/11/2009
O portavoz de Terra Galega en Carballo, Manuel Andrade Cristóbal, solicitou ao alcalde «que se me facilite unha listaxe das partidas dos orzamentos por clasificación económica». En concreto, reclama a elaboración dun cadro comparativo no que figuren o número de partida, o gasto realizado no 2008, a previsión para o 2009, o estado da partida neste momento e a proposta para o 2010.
+mais
Domingo 01 Novembro 2009 as 11:37 am
CARBALLO: Tega acusa ao bipartito carballés de «sobrevalorar» os proxectos de obras e de «malgastar» fondos
La Voz de Galicia | 31/10/2009
O portavoz de Terra Galega de Carballo , Manuel Andrade Cristóbal, opina que os proxectos para o Plan E deben facerse «con sentido común e tendo en conta a crise que afecta a moitos carballeses, sobre todo ás empresas».
Dende o seu punto de vista, con todo, na anterior convocatoria «foron feitos con moita alegría, sen sequera ter en conta partidas innecesarias que encareceron estas obras, en detrimento doutros proxectos que se poderían facer», e fai un chamamento ao goberno para que non repita os mesmos erros co novo plan de axudas do Goberno.
+mais
Breves