Venres 30 Outubro 2009 as 2:00 pm
NARÓN: Tega e PP difiren no pleno sobre as necesidades educativas de Narón
Diario de Ferrol | 30/10/2009
Os socios de goberno de Narón, TEGA e PP, deixaron claras no pleno de onte as diferentes visións que teñen ambas agrupacións sobre o Ensino en Narón. Foi unha moción presentada polo BNG -que se aprobou co único voto contrario dos cinco edís do PP- sobre esa área a que deixou constancia, unha vez máis, de que as posturas destas formacións difiren, e moito, nalgúns apartados referentes á política local.
+mais
Sábado 24 Outubro 2009 as 1:00 pm
CORISTANCO: Tega considera «escandaloso» que un familiar do alcade fose contratado polo Concello
La Voz de Galicia | 24/10/2009
O portavoz de Terra Galega de Coristanco, Amancio Lavandeira, pedirá ao alcalde da localidade que aclare «se houbo ou non trato de favor coa contratación dun familiar á hora de ocupar un posto non programa de súpeto auxilio», que ten unha duración de seis meses, a xornada completa.
+mais
Domingo 11 Outubro 2009 as 11:49 am
Tega expulsa aos censores de Láncara pola “dobre militancia” co PPdeG
Diario de Ferrol | 11/10/2009
O Secretario Xeral de Terra Galega (TG), Xermán Tobío Padín, remitiu aos dous censores no Concello de Láncara a súa carta de expulsión do partido na que constata que "queda sobradamente probada a dobre militancia" de Ricardo Núñez Valcárcel e Carlos Fernández Díaz nas filas desta formación e do PPdeG.
+mais
Xoves 08 Outubro 2009 as 6:31 pm
TERRA GALEGA súmase á manifestación "QUEREMOS GALEGO"

Terra Galega súmase á manifestación "Queremos Galego" e anima aos veciños e veciñas de Galicia a acudir o domingo 18 de outubro a Santiago para participar na mesma.
+mais
Domingo 04 Outubro 2009 as 10:19 am
CORISTANCO: Terra Galega de Coristanco sinala que Medio Ambiente obriga a desfacer o recheo da Braña
La Voz de Galicia | 04/10/2009
Terra Galega de Coristanco preguntará ao alcalde no próximo pleno sobre a decisión da Consellería de Medio Ambiente de que a zona da Braña na que se realizaron depósitos de terra volva quedar como estaba.
O edil desta formación, Amancio Lavandeira, recorda que as obras, destinadas a un circuíto de cros, foron obxecto de discusión en varios plenos e que o alcalde sempre dixo que estaban en regra.
+mais
Sábado 03 Outubro 2009 as 11:53 am
CEDEIRA: A piscina municipal abre o luns batendo marca de inscricións
Diario de Ferrol | 03/10/2009
A piscina de Cedeira retomará o luns a súa actividade habitual despois dun ano de parón debido ás obras de mellora das instalacións. O concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude do concello cedeirense, Xermán Tobío, lembraba onte que os traballos se prolongaron máis do desexado xa que "unha cousa foi traendo outra". O edil de Terra Galega explicaba que o que nun principio ía ser só o acondicionamento do tellado da instalación deportiva converteuse nunha obra moito maior e máis ambiciosa.
+mais
Breves