Seccions

Calendario

« Setembro 2010
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Acerca de ...

Un fato de galegas e galegos, de conviccións firmes, acometeron a tarefa de constituír e de organizar un partido político que faga posible que Galicia poida tomar compromiso político por sí mesma desde dentro, sen caer en mimetismos e imposicións alleas á súa realidade propia. »

© Terra Galega

Etiquetas

Históricos

01 Ago - 31 Ago 2010
01 Xull - 31 Xull 2010
01 Xun - 30 Xun 2010
01 Mai - 31 Mai 2010
01 Abr - 30 Abr 2010
01 Mar - 31 Mar 2010
01 Xan - 31 Xan 2010
01 Dec - 31 Dec 2009
01 Nov - 30 Nov 2009
01 Out - 31 Out 2009
01 Set - 30 Set 2009
01 Ago - 31 Ago 2009
01 Xull - 31 Xull 2009
01 Xun - 30 Xun 2009
01 Mai - 31 Mai 2009
01 Abr - 30 Abr 2009
01 Mar - 31 Mar 2009
01 Feb - 28 Feb 2009

Enlaces

Terra Galega
Tega na Galipedia
Tega na Wikipedia
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Hino Galego

Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar! e +Vs

Últimos Comentarios

MiguelR (Tanta gloria leve…): Xa o dixe en outra ocasió…
Carlos (Carta aberta a Al…): Montserrat: que se saiba,…
Antonio (Sobre o PP e Juan…): Boas amigos. Espero e des…
Aparom (Sobre o PP e Juan…): por fin o panorama políti…
luisa (Sobre o PP e Juan…): podedes estar ben content…
fernando (Sobre o PP e Juan…): onte o estivemos comentan…
Mila G.R. (Sobre o PP e Juan…): el cabezón ese no era el …
Antonio (Pois si: o centro…): Boas paisanos: efectivame…
MiguelR (Sobor da convocat…): Estou dacordo con Antonio…
Antonio (Sobor da convocat…): Ogallá sexamos quen dende…

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed  Apture

Deseño & Edición: SF


Terra Galega

Tega estará nas próximas municipais

Domingo 27 Setembro 2009 as 1:57 pm CARBALLO: Tega presentarase ás eleccións en Carballo

La Voz de Galicia | 27/09/2009

O comité xeral de Terra Galega de Carballo acordou formalmente presentarse ás próximas eleccións municipais. Por se había dúbidas, quedaron despexadas do todo. Fíxoo na reunión celebrada o venres no restaurante Punta do Leste, reunión á que asistiron máis de 40 persoas. O partido, ademais, renovarase con xente nova e escomezará en breve unha campaña de visitas ás parroquias, pra coñecer de primeira man as demandas que lles expoñan.

+mais

Novo edil de Terra Galega en Narón

Xoves 24 Setembro 2009 as 3:58 pm NARÓN: Espada e Sánchez Fojo repártense as concellarías de Pérez Sequeiros

Ramón Padín López La Voz de Galicia | 24/09/2009

Pablo Mauriz incorpórase ás comisións de Contratación, Obras e Muller.

O novo edil de Terra Galega Ramón Padín tomará posesión hoxe da súa acta no pleno ordinario.

Trala toma de posesión de Ramón Padín López, prevista para o pleno ordinario de hoxe ás 19.00 horas, farase efectiva a que é xa a cuarta reorganización do goberno municipal no que vai de mandato. Nunha reunión celebrada onte pola tarde na sede de Terra Galega, acordouse que as áreas municipais que coordinaba Manuela Pérez Sequeiros, falecida de forma repentina o pasado xullo, pasarán a mans dos edís Guillermo Sánchez Fojo e María del Carmen Espada.

+mais

En homenaxe a Manuela Perez Sequeiros

Martes 22 Setembro 2009 as 4:16 pm NARON: O Concello dedica a Pérez Sequeiros o novo centro de maiores de Vosa

Centro de maiores de Vosa La Voz de Galicia | 22/09/2009

O prego de condicións esixe a contratación de seis persoas e propón que se amplíe con outras nove máis.

A empresa Geriatros xestionará as instalacións que comezarán a funcionar o 1 de outubro.

O novo centro de maiores que abrirá as súas portas o 1 de outubro será unha homenaxe á que durante dezaseis anos foi concelleira de Servizos Sociais de Narón. As instalacións de Vosa serán bautizadas co seu nome, Manuela Pérez Sequeiros, unha decisión que será aprobada por unanimidade tras recibir onte o apoio de todos os portavoces municipais.

+mais

Pésimo estado das escolas do municipio

Venres 18 Setembro 2009 as 4:53 pm CORISTANCO: Terra Galega de Coristanco insta ao goberno municipal a que equipe os parques das unitarias

La Voz de Galicia | 18/09/2009

Os edís de Terra Galega de Coristanco presentarán unha moción no próximo pleno municipal na que instarán ao goberno municipal que retome o proxecto de equipación das escolas unitarias do municipio, xa que, segundo explican, atópanse, en xeral, nun estado lamentable cando os nenos que acoden a elas deberían «dispoñer dás mesmas condicións que calquera outro neno dá cidade».

+mais

«Queremos abrir o debate xa»

Venres 18 Setembro 2009 as 4:39 pm CARBALLO: Terra Galega de Carballo abrirá o vindeiro venres o debate sobre a precampaña electoral

Carballo La Voz de Galicia | 18/09/2009

Falta aínda ano e medio para as próximas eleccións municipais, pero Terra Galega de Carballo xa comeza a preparalas. Farao o vindeiro venres, día 25, cun acto do comité xeral do partido (unhas 40 persoas) no restaurante Punta do Leste.

No encontro, segundo indicou onte o líder da formación, Manuel Andrade, «trataranse moitos temas», pero o xeito de enfrontarse aos próximos comicios será o máis destacado. «Queremos abrir o debate xa», engadiu, e iso inclúe a posibilidade de que unhas persoas salgan, e outras, entren.

+mais

Breves