Martes 23 Xuño 2009 as 12:42 pm
CEDEIRA: O campo de fútbol local dispoñerá de herba artificial a finais de xullo
Diario de Ferrol | 23/06/2009
As obras de construción do novo campo de fútbol de herba artificial de Cedeira están moi adiantadas, segundo confirmou a este diario o edil de Deportes do Concello, Xermán Tobío.
Así, se os obreiros seguen cumprindo os prazos establecidos como ata agora, espérase que a próxima semana dean comezo os traballos para colocar a herba artificial no que será o terreo de xogo do recinto deportivo.
+mais
Martes 16 Xuño 2009 as 9:53 pm
CEDEIRA: A reurbanización do centro de Cedeira obrigará a cortar un carril da ponte vella
La Voz de Galicia | 16/06/2009
Dentro dun mes e durante quince días, os coches só poderán usar a plataforma para saír do casco.
Comezaron a principios da pasada semana e está previsto que nun prazo aproximado dun mes impliquen limitar a capacidade da ponte vella de Cedeira.
Son as obras de renovación do seu casco antigo que, cun orzamento de case un millón de euros, pretenden mellorar a calidade de vida de quenes residen nel.
A actuación corre a cargo do Fondo Estatal de Investimento Local -absorbe cerca do 85% da cantidade total que o Goberno central asignou ao concello de Cedeira- e vai supor unha nova distribución do tráfico en varios puntos da localidade, é o caso da ponte vella, actualmente de dobre sentido.
+mais
Martes 16 Xuño 2009 as 11:55 am
CEDEIRA: O Concello cedeirés estima que a piscina municipal estará aberta ao público o próximo mes de xullo
La Voz de Galicia | 16/06/2009
Logo de permanecer ao redor dun ano pechada ao público, a piscina municipal de Cedeira entrará de novo en funcionamento o próximo mes de xullo cunha nova cuberta. Así o asegura o concelleiro de Deportes de Terra Galega no Concello cedeirés, Xermán Tobío.
+mais
Venres 12 Xuño 2009 as 3:45 pm
Tega solicita unha reunión mensual da comisión informativa de obras de Carballo
La Voz de Galicia | 12/06/2009
No Concello de Carballo funcionan catro comisións informativas permanentes: Facenda, Patrimonio e Especial de Contas; Urbanismo e Medio Ambiente, Benestar e Xestión Municipal e Promoción Económica, Obras e Desenrolo. Con todo, o portavoz de Terra Galega, Manuel Andrade Cristóbal, asegura que a última non se reúne dende fai tres meses, malia que, dende o seu punto de vista, «ten moito que debater na elección de obras, os investimentos xerais, a compra de materiais e a planificación das demandas de investimentos que o Estado, a Xunta e a Deputación deberían facer no noso municipio e bisbarra».
+mais
Mércores 10 Xuño 2009 as 10:33 am
Tega respalda a creación dun gran grupo lácteo contra a crise
La Voz de Galicia | 10/06/2009
A formación Terra Galega (Tega) propón a creación dun gran grupo lácteo galego con participación pública que garanta a continuidade do sector en Galicia ante a profunda crise que, segundo o secretario xeral da formación, Xermán Tobío, «hai moito tempo que se vía vir».
A entidade pregunta ao goberno galego e ao estatal pola cantidade de fondos estruturais que deu a Unión Europea ao Estado ata a actualidade e cantos deles foron destinados á modernización do sector agrario galego.
+mais
Luns 08 Xuño 2009 as 2:14 pm
CEDEIRA: O polideportivo cedeirense loce un novo tellado
La Voz de Galicia | 08/06/2009
Tal e como mostra a imaxe, as obras de renovación do tellado do polideportivo municipal do Concello de Cedeira concluíron fai uns días.
Do mesmo xeito terminouse de colocar unha capa de material aislante en todo o tellado «co fin de subsanar preto de 20 anos de uso do antigo e de adecuar as instalacións para unha menor perda de calor, aumentando o comfort para a realización de actividades deportivas», segundo explica Xermán Tobío, concelleiro de Deportes no Concello.
+mais
Luns 01 Xuño 2009 as 9:56 pm
GUITIRIZ: O Concello de Guitiriz expropiará a Casa dá Botica se non logra un acordo de compra
La Voz de Galicia | 30/05/2009
O goberno local destina fondos para indemnizar aos inquilinos do inmoble
O Concello de Guitiriz está decidido a acudir á expropiación pra
mercar a Casa dá Botica se non consegue pechar un acordo con todolos
propietarios do inmoble. Esa falta de acordo con todolos donos da
propiedade é o escollo contra o que levan anos chocando os propósitos
municipais, encamiñados a adquirir o edificio e destinalo a usos
socioculturais.
+mais
Breves