Sábado 30 Maio 2009 as 6:18 pm
Comunicado oficial de Terra Galega sobor do Idioma
Ante a difícil situación que se está xerando en Galicia co tema do idioma, Terra Galega quere expoñer o seguinte:
Aínda non estando dacordo co dogmatismo e sectarismo con que foron tomadas algunhas decisións por parte do anterior Goberno Bipartito (PSOE e BNG) e sendo moi críticos co modo e forma elixido para a defensa do Galego e coa pouca ou escasa aprobación social que produciu a aplicación de certas decisións políticas, temos que recoñecer que Feijoo e a súa nova Xunta fixéronos bos.
Queremos deixar claro que rexeitamos totalmente a actitude do partido popular e a de UPyD e a sua plataforma bilingüista cuxo obxectivo foi e é crear un problema entre os cidadáns deste país para os seus intereses electoralistas.
Este suposto problema nunca se dou en Galicia, non se pode dicir que aquí se marxinara a ninguén por falar castelán, ao contrario a historia dinos que a marxinación foi sufrida, en todo caso, polos galegofalantes.
Pra os que alegan a falacia de que o castelán estábase a perder, só cabe unha comprobación que calquera cidadán pode facer, dirixámonos a calquera kiosco ou librería e contemos as publicacións de xornais ou libros escritas en galego e logo fagamos o mesmo coas de castelán, a diferenza é abafadora a favor do castelán. Isto desmonta dun xeito simple e claro esta gran falacia.
+mais
Sábado 30 Maio 2009 as 4:06 pm
NARÓN: O apoio ao galego e a gala do comercio enfrontan ao grupo do PP e a oposición
La Voz de Galicia | 29/05/2009
Ángeles Díaz recalcou que se invitou «a todolos negocios» e que «o respaldo ao encontro foi incrible»
O ambiente distendido que predominou nos plenos dende que Xosé Manuel
Blanco é alcalde se esfumou onte coa celebración dunha sesión máis longa
do habitual, de máis de dúas horas, e cargada de acusacións políticas.
Non foi o rexedor local nin o seu partido, Terra Galega, o branco das
críticas da oposición, senón o seu socio de goberno, o PP. Angeles Díaz e
Pomba González recibiron, polo seu papel de organizadoras da gala do
comercio, duras críticas de PSOE e BNG, pedindo o primeiro, ata, a súa
dimisión. Duas mocions presentadas por PP e Bloque, con teses
enfrontadas sobor da defensa do galego, contribuíron a avivar o debate
político.
+mais
Sábado 30 Maio 2009 as 11:28 am
CORISTANCO: «Mentres os demais prosperan e teñen máis servizos, nós imos para abaixo»
La Voz de Galicia | 22/05/2009
O líder de Terra Galega, Amancio Lavandeira, afirma que unha visita aos
municipios da comarca basta para «descubrir as carencias que hai en
Coristanco. Mentres os demais prosperan e teñen máis servizos, nós
imos para abaixo».
+mais
Venres 29 Maio 2009 as 11:14 am
CARBALLO: «No tocante á xestión teño que mostrar a máis enérxica repulsa»
La Voz de Galicia | 29/05/2009
Manuel Andrade Cristóbal, portavoz de Terra Galega, considera que o bipartito saca proveito do seu traballo anterior. «Aquí, para xustificarse, sácanse a relucir 4-6 anos, cando estamos a falar de dous anos deste goberno, porque vivir de rendas doutros non me paréce correcto».
+mais
Xoves 28 Maio 2009 as 9:55 pm
Terra Galega pola transparencia na xestión dos cargos públicos
Comunicado Oficial de Terra Galega
Dado o proceso xudicial no que se veu inmerso o Concelleiro de Terra Galega na Guarda, Sr. Fariñas, dende a Dirección Nacional de Terra Galega congratulámonos de que quedara exculpado, pero debido ao séu recoñecemento de “haber dado el visto bueno a las facturas pese a conocer que las obras no estaban realizadas”, non podemos consentir nin ética, nin políticamente dita actitude, polo que cursamos duas notificacións: unha de expulsión a súa persoa e outro certificado ao secretario do Concello de A Guarda para que proceda a pasalo fora do grupo municipal de Terra Galega, colocandoo no grupo de non adscritos.
28 de maio de 2009
Xermán Tobío
Secretario Xeral de Terra Galega
Mércores 27 Maio 2009 as 2:22 pm
CARBALLO: O goberno carballés nega renunciar ao proxecto do aparcadoiro
Tega e PP defenden unha actuación conxunta co mercado aínda que se perda a subvención de 1,8 millóns
La Voz de Galicia | 27/05/2009
A iniciativa de Terra Galega para que se paralice o procedemento de contratación do proxecto de reforma do mercado desatou un debate político no que non faltaron alusións á etapa do tripartito e ata aos grandes símbolos urbans que se perderon nos anos setenta. Houbo tamén algunha descalificación, pero, sobre todo, sucedéronse as longas e densas intervencións que prolongaron o pleno ordinario do luns ata cinco minutos antes da medianoite.
+mais
Mércores 27 Maio 2009 as 12:23 pm
O Aula de Música de Cedeira trasladarase ao Escolar do Piñeiro
La Voz de Galicia | 27/05/2009
A partir do próximo ano, todas as actividades do aula de música de Cedeira desenvolveranse no histórico edificio Escolar do Piñeiro, no centro da vila. Esta é a intención municipal despois de que fose durante o presente curso escolar cando se puxese en marcha o Aula de Música da localidade nun edificio anexo á gardería municipal.
Agora, segundo o concelleiro de Cultura, Xermán Tobío, o Concello quere trasladar ao «centenario edificio» o ensino musical ademais da Banda de Música de Cedeira, a de Gaitas e a Orquesta de Acordeons Robaleira, actualmente ubicadas no edificio da confraría.
+mais
Domingo 24 Maio 2009 as 10:15 am
CORISTANCO: Tega afirma que o Concello perdeu 40.000 euros dunha axuda europea
La Voz de Galicia | 24/05/2009
As obras de reforma da escola unitaria de Seavia (Coristanco)
propiciaron novas críticas de Terra Galega ao goberno local pola
xestión das axudas procedentes doutras administracións.
O portavoz da formación centrista, Amancio Lavandeira, explicou onte que
o proxecto foi subvencionado a través do programa Agader con 153.071
euros, pero que, finalmente, a entidade só certificó 112.907 euros.
«Neste caso -conclúe o edil-, a mala xestión feita polo alcalde fixo que os veciños de Seavia perderan nesa obra 40.163 euros».
+mais
Sábado 16 Maio 2009 as 9:42 pm
Comunicado Oficial de Terra Galega
O sector lácteo galego está a sufrir unha crise que dende fai moito tempo se via vir, por iso dende Terra Galega queremos facer as seguintes manifestacións:
1.- Preguntas ante o parlamento do estado español e ante o parlamento galego:
- ¿cal é a cantidade de cartos dos fondos para arranxos estructurais que deu a UE ao estado ata o día de hoxe?
- ¿cantos deses fondos foron destinados para a converxencia e modernidade do agro galego?
2.- Reflexións para os cidadáns:
- ¿cales foron as medidas adoptadas, ata o día de hoxe, por parte dos distintos gobernos que pasaron pola Xunta (PP, PSOE, BNG) para paliar a continua degradación do campo en Galicia?
As anteriores cuestións teñen unha sinxela contestación: o montante monetario foi unha limosna miserable xa que con eses cartos de converxencia estanse a construir infraestruturas en Madrid e, en canto as medidas da Xunta: ningunha.
Deste xeito Terra Galega, ante a política do avestruz que estan a adoptar as outras forzas políticas, agochando a cabeza ou mirando para outro lado, queremos facer unha proposta clara:
A creación do GRAN GRUPO LÁCTEO GALEGO
+mais