Xoves 26 Febreiro 2009 as 8:08 pm

Hai un asunto na declaración da renda que pasa desapercibido ata que lle toca a un, ou a alguén que coñecemos, porque resulta moi abusivo e incomprensible, pero cada vez, por desgraza, afecta a máis persoas.
Quen recibe rendas de dous pagadores ten a obriga de facer a declaración da renda aínda que non chegue ao mínimo.
¡ QUÉ MÁIS QUIXERA !
¿ Non coñecedes a ninguén ?
+mais
Venres 20 Febreiro 2009 as 12:01 pm
O deterioro constante das nosas rías é incuestionable
Importantes Rías Galegas como a de Ferrol e a do Burgo xa son zona C,
seguindo por este camiño, Galicia, vaise escribir con C, de
Contaminación, mentres os poderes públicos galegos miran para outro
lado.
A voz dos traballadores e traballadoras do mar non se escoita,
cada día máis mariscadores e mariscadoras abandoan o seu traballo.
Iso mesmo repítese no resto das 13 rías de Galicia nas cales, día a
día, vaise limitando as posibilidades de recollida de marisco e o
sistema de vida de moitas persoas.
+mais
Mércores 18 Febreiro 2009 as 7:12 pm
É URXENTE a necesidade de FOMENTAR e PREMIAR
o asociacionismo neste sector
Galicia produce a metade da madeira que se tala no estado. Este dato demostra a capacidade autosuficiente de Galicia a nivel forestal, xa que é un recurso moi abundante que non precisamos importar.
As dúas especies maioritarias en número de metros cúbicos cortados son o Piñeiro pinaster e o Eucalipto branco.
Estas dúas especies, a pesares das últimas investigacións, carecen dun alto valor engadido.
+mais