Domingo 18 Xullo 2010 as 1:00 pm
Hai oco electoral e necesidade política
A pesar de que nos últimos meses dábase por suposto que os pequenos partidos, boa parte dos cales se autonomean "de centro" estaban en fase de liquidación, a situación cambiou, e anúnciase a súa presentación ás municipais. En concreto Terra Galega, por cuxa titularidade litigaron Xoan Gato e Pablo Padín.
É un segredo a voces que ambolos dous políticos -Gato, que foi alcalde de Narón, e Padín, ex/conselleiro no Tripartito- achegaron posturas tras as sentenzas dos tribunais sobre as siglas. E a partir desa nova situación, TG ten decidido acudir aos comicios de maio nuns 200 municipios de toda Galicia.
A partir de aí é probable que outras formacións, como o PG que dirixiu Manuel Soto, o CDS que no seu día fundase Adolfo Suárez e outros de centroesquerda -escindidos do PSOE ourensán- puidesen sumarse ao proxecto. De feito, con algúns deles é un segredo a voces que existe diálogo aberto.
+mais
Domingo 13 Xuño 2010 as 12:21 pm
NARÓN: Unha enquisa concede a terra galega os mesmos edís que en 2007
O candidato á alcaldía por Terra Galega, Xosé Manuel Blanco, confía en obter unha representación "similar" á actual -dez edís- nos vindeiros comicios locais. Unha enquisa que manexa o partido presenta resultados esperanzadores para a formación, dándolle novamente a Alcaldía do municipio ao grupo de TEGA.
+mais
Xoves 22 Abril 2010 as 08:03 am
NARON: A presentación de Xosé Manuel Blanco como candidato de TEGA á Alcaldía será o día 30 no auditorio
O auditorio municipal da Praza de Galicia foi o lugar elixido por Terra Galega para presentar publicamente o vindeiro día 30, ás 20:30 horas, a Xosé Manuel Blanco como candidato á Alcaldía de Narón.
O equipo de TEGA inicia a conta atrás de cara aos comicios municipais que se celebrarán o vindeiro ano.
+mais