Seccions

Calendario

« Setembro 2010
D L M M X V S
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Acerca de ...

Un fato de galegas e galegos, de conviccións firmes, acometeron a tarefa de constituír e de organizar un partido político que faga posible que Galicia poida tomar compromiso político por sí mesma desde dentro, sen caer en mimetismos e imposicións alleas á súa realidade propia. »

© Terra Galega

Estatutos

II Congreso de Tega

Etiquetas

Históricos

07 Xun - 13 Xun 2010
17 Mai - 23 Mai 2010
19 Abr - 25 Abr 2010
29 Mar - 04 Abr 2010
22 Mar - 28 Mar 2010
01 Mar - 07 Mar 2010
04 Xan - 10 Xan 2010
30 Nov - 06 Dec 2009
04 Mai - 10 Mai 2009
13 Abr - 19 Abr 2009
06 Abr - 12 Abr 2009
16 Mar - 22 Mar 2009
02 Mar - 08 Mar 2009
23 Feb - 01 Mar 2009
16 Feb - 22 Feb 2009
03 Nov - 09 Nov 2008
06 Out - 12 Out 2008

Enlaces

Terra Galega
Tega na Galipedia
Tega na Wikipedia
Xunta de Galicia
Diario Oficial de Galicia
Hino Galego

Apoiamos

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

¡Buscar! e +Vs

Últimos Comentarios

Carlos (Carta aberta a Al…): Montserrat: que se saiba,…
MiguelR (Gato presidirá a …): Non sabía que Gato aínda …
Montserrat (Carta aberta a Al…): Lembrade que a cuestion d…
Um (Deuda histórica, …): Coma nom espabiledes; ist…
jorge (Seguen a construí…): queremos ver as propostas…
Carmucha (Seguen a construí…): Por fin una buena opción …
Turo (Control de Emerxe…): Xa sairon os estómagos ag…
nick no permitido… (Control de Emerxe…): ··············: A candid…
lucia (Seguen a construí…): boas ideas a ver si segui…
Juan José (Seguen a construí…): como arquitecto coincido …

Cousas

XML: RSS Feed 
XML: Atom Feed  Apture

Deseño & Edición: SF


Terra Galega

Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Falando claro e conciso

Luns 07 Xuño 2010 as 5:10 pm Cohn-Bendit no parlamento europeo

Intervención de Daniel Cohn-Bendit ante o parlamento europeo, cuxa primeira parte é perfectamente aplicable ao noso estado.

+mais

Do que che relaten non te creas nada e do que vexas, a metade

Domingo 23 Maio 2010 as 07:32 am

Son as 7:10 da mañá deste domingo 23 de maio, acabo de levantarme, e, como a maioría dos días, olleo os xornais dixitais mentres bebo un zume.
A miña sorpresa é maiúscula cando vexo a portada do Diario de Ferrol dixital, e leo o titular:
"El político con mejor sueldo de la comarca es el edil de Tega en Cedeira"  "...mas que el alcalde de Ferrol".

+mais

Xustiza ?

Martes 20 Abril 2010 as 7:48 pm Persiguen a un xuíz por investigar os crimes do franquismo

En España coñecemos moitos casos de auténticas atrocidades xudiciais -o caso Mari Luz, por poñer un exemplo- e, como recordaredes, sempre as trata o «Consejo General del Poder Judicial» (CGPJ) e nunca un tribunal.


Vou deixar, en verbas da Comisión Internacional de Xuristas, a miña opinión sobre o caso Garzón:

+mais

Carta aberta a Alberto Núñez Feijoo

Martes 05 Xaneiro 2010 as 4:47 pm Só sobre vostede, Sr. Feijoo, caerá a responsabilidade desta navallada á lingua propia de Galicia

Señor Feijoo:  Comezo por lle asegurar o meu respecto por todas as persoas, aínda que non sempre o teño polas ideas e opinións que expresan, así que a elas se refire canto aquí escribo.

O asunto trata do que vostede se propón perpetrar ao amparo da "Bases para a elaboración do decreto..." que este día 30 de decembro fixo públicas. Teñen de bo que nelas non se oculta o propósito que as dita: o que vai facer vostede e poñer o galego en coma inducido e así sempre poderá afirmar que non está morto. Claro, vostede é un político e coñece ben estes usos raposeiros da realidade.

Vostede xa sabía que nunca houbo a tal imposición da que falaba, nin a liberdade dos castelanfalantes se viu nunca ameazada. Sabe perfectamente que isto á unha fición lingüística artellada para poder actuar en contra do futuro da lingua galega, iso si, no nome de nobres arelas. Porque diso se trata, dun atentado ao futuro do galego. Vostede fai o mesmo uso da palabra liberdade que fan os membros da Asociación Nacional do Rifle dos EEUU. Eles tamén defenden unha idea opresiva no nome da liberdade.

+mais

A "platform" called «Galicia Bilingüe»

Mércores 02 Decembro 2009 as 4:48 pm Unha "plataforma" chamada Galicia Bilingüe. Una "plataforma" llamada Galicia Bilingüe. Une "plate-forme" appelée «Galicia Bilingue»...

Debido á mala xestión que dende fai décadas está a sufrir a nosa Galicia, eu, como moitos miles de galegas e galegos tiven que emigrar a finais dos anos 80, é deste xeito buscarme o pan en terras irlandesas, danesas ou suizas.

Cando sain de Galicia levaba no peto o pouco que meus pais me puideron dar: o billete de tren e 15.000 pesetas.

Pero, ao pouco tempo, decateime de que levaba outra riqueza, outra riqueza que me axudou na comprensión e aprendizaxe doutras línguas: o GALEGO.

Levaba e levamos dentro a nosa riqueza cultural e, sempre, temos que presumir dela.

+mais

TVE: publicidade, contas, ....

Sábado 09 Maio 2009 as 04:51 am O goberno do PSOE tomou a medida de poñer fin á publicidade nas canles públicas

O goberno tomou tal medida alegando, entre outros motivos, que deste xeito o diñeiro que as empresas investían en publicidade na TV1 e na TV2 pasaría a engrosar as arcas das canles privadas, e así lles axudaría a paliar a crise. Toman tal medida e a gritan aos ventos: COMO EN FRANCIA!!!!, din.

Pois ben, a medida foi posta en marcha no país galo en xaneiro e os especialistas aseguraron que os anunciantes no momento que tiveran pechado o acceso as canles públicas iríanse ás privadas M6 e TF1, principalmente.


Cinco meses despois de tal medida, as canles privadas do país veciño non so non viron incrementadas as súas contas senón que baixaron nun promedio dun 11% os ingresos por publicidade.

+mais

Zapatero provoca a guerra na Internet

Martes 07 Abril 2009 as 10:34 pm Despois da recente remodelación do goberno, o Ministerio de Cultura pasa as "malas mans" de Angeles Gonzalez Sinde

Angeles González Sinde era, ata esta mesma mañá, presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, unha entidade claramente relacionada coa SGAE.

Podémosnos imaxinar cal é a súa postura acerca das discográficas, dos autores, da Internet e da industria do cine en xeral.

Fai, mais ou menos, un ano realizou as seguintes declaracions no Foro da Nova Economía:

  • ¿Para que necesitamos ADSL a non séi cantos gigas? ¿Para mandar e-mails?
    Telefónica sabe que o 80% do volume de tráfico nas súas liñas é descarga de arquivos
  • Existe unha falsa idea progresista de que a cultura debe ser gratis.
    E os antibióticos ¿non?

+mais

Deuda histórica, solucións histéricas

Luns 16 Marzo 2009 as 11:49 pm
ministra magdalenaHoxe, leo na prensa: 
"El Ministerio de Fomento señalizará 33 «tramos negros» en Galicia antes del verano".

¡Dende logo que fai falla ter estómago para tomar tal medida, e moito mais para publicitala!
Algo vai moi mal no goberno do estado español cando logo de reunir un comité de expertos, presididos pola ilustrísima Ministra Magdalena Alvarez, auxiliada pola sempre eficiente Secretaria de Estado de Infraestruturas Josefina Cruz e demais cerebros pensantes de dito Ministerio á conclusión á que chegan para evitar a siniestralidade nas estradas galegas é a de sinalizar os puntos negros...

+mais

Asi son os "Premios Nacionais de Cultura"

Sábado 07 Marzo 2009 as 5:19 pm Esta foto conseguiu a "Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes"

SEGUEN VOSTEDES A PROMOCIONAR A ESPAÑA CAÑÍ, cousa que non me preocuparía en absoluto se non fora que o fai co noso diñeiro, no noso nome e como Ministro de CULTURA.

Se calquera de vostedes entra na web do ministerio de cultura atopará facilmente a seguinte listaxe:
Premios Nacionales de Cultura
Diversas categorías de premios que se conceden anualmente agrupados por áreas temáticas: Promoción del Arte, Libro, la Lectura y las Letras, Artes Escénicas y Música.

+mais

Favoreceremos aos que gañan menos

Xoves 26 Febreiro 2009 as 8:08 pm
eurosHai un asunto na declaración da renda que pasa desapercibido ata que lle toca a un, ou a alguén que coñecemos, porque resulta moi abusivo e incomprensible, pero cada vez, por desgraza, afecta a máis persoas.

Quen recibe rendas de dous pagadores ten a obriga de facer a declaración da renda aínda que non chegue ao mínimo.

¡ QUÉ MÁIS QUIXERA !
 
¿ Non coñecedes a ninguén ?

+mais

Breves

25 de Xullo
DIA DA PATRIA GALEGA

Dia da Patria Galega


Presenza en Galicia
TEGA - AGRUPACIONS

Agrupacions de Tega por Concellos


Apoio a Garzón
CONCENTRACIÓN

Concentración apoio a Garzón


Plataforma DSP
MANIFESTACIÓN

Manifestación - NON Á PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA


Astano
Levantamento do veto XA!

Cartel Manifestación Rumbo 21


Rosa Díez (en negativo)
ENQUISA
Rosa Díez (Negativa)

Valora (1-10) a actitude política e a educación desta Persoa Pública.
(Tenta non ter en conta o sentido ‹peyorativo› de "Persoa Pública").

Move o punteiro pola barra ata que a
cor azul acade a tua valoración.
Logo preme o botón esquerdo do rato.

12345678910
media: 1.2 votos: 232

Todos contra o canón
Presunción de Culpabilidade
 

Todos contra o canón

 

Galicia e o goberno do PP
ENQUISA DOS CEN DIAS

Inicio: 17/04/2009
Duración: 100 días

Puntua (1-10) como esta sendo a Evolución/Retroceso de Galicia co goberno do PP na Xunta.

Move o punteiro pola barra ata que a
cor azul acade a tua valoración.
Logo preme o botón esquerdo do rato.

12345678910
media: 2 votos: 362

Por un dominio galego
Internet

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio

Terra Galega, súmase e da o seu apoio á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) na rede Internet.


Eu sempre en Galego
TODOLOS DIAS

Eu quero o galego


QUEREMOS GALEGO
PAREMOS O DECRETAZO

Paremos o decretazo contra o galego


Novas tarifas eléctricas
INFORMES TEGA

As Novas Tarifas Eléctricas


FEIJOO I - O Trilingüe
SEN COMENTARIOS

Feijoo I


Eólicos Mariños (Hino)
HUMOR NEGRO

Eólicos Mariños


Innovación no agro
HUMOR GRAFICO

EBAY


ENQUISA

Dará bos resultados a Remodelación do Goberno feita por Zapatero ?

Enquisa by BZoucos
15%
10%
75%
SI
NS/NC
NON
120 Votos - ata agora