Luns 16 Marzo 2009 as 11:49 pm

Hoxe, leo na prensa:
"El Ministerio de Fomento señalizará 33 «tramos negros» en Galicia antes del verano".
¡Dende logo que fai falla ter estómago para tomar tal medida, e moito mais para publicitala!
Algo vai moi mal no goberno do estado español cando logo de reunir un comité de expertos, presididos pola ilustrísima Ministra Magdalena Alvarez, auxiliada pola sempre eficiente Secretaria de Estado de Infraestruturas Josefina Cruz e demais cerebros pensantes de dito Ministerio á conclusión á que chegan para evitar a siniestralidade nas estradas galegas é a de sinalizar os puntos negros...
+mais
Sábado 07 Marzo 2009 as 5:19 pm
Esta foto conseguiu a "Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes"
SEGUEN VOSTEDES A PROMOCIONAR A ESPAÑA CAÑÍ, cousa que non me preocuparía en absoluto se non fora que o fai co noso diñeiro, no noso nome e como Ministro de CULTURA.
Se calquera de vostedes entra na web do ministerio de cultura atopará facilmente a seguinte listaxe:
Premios Nacionales de Cultura
Diversas categorías de premios que se conceden anualmente agrupados por áreas temáticas: Promoción del Arte, Libro, la Lectura y las Letras, Artes Escénicas y Música.
+mais
Xoves 26 Febreiro 2009 as 8:08 pm

Hai un asunto na declaración da renda que pasa desapercibido ata que lle toca a un, ou a alguén que coñecemos, porque resulta moi abusivo e incomprensible, pero cada vez, por desgraza, afecta a máis persoas.
Quen recibe rendas de dous pagadores ten a obriga de facer a declaración da renda aínda que non chegue ao mínimo.
¡ QUÉ MÁIS QUIXERA !
¿ Non coñecedes a ninguén ?
+mais